Valores.

“Os nenos son valentes pero dicímoslles que non”

Noemí Bellas, CEO de Líbolis, para Forbes 2017

A nosa visión

Cremos que, como sociedade, debemos outorgar á infancia o seu lugar. Trátase de poñer en valor as súas capacidades e non limitalos para que poidan ser o que queiran ser. Cando somos conscientes do potencial que teñen xérase un cambio de paradigma. Trátase dun cambio de actitude en cómo tratamos á infancia.

Baseándonos nestas premisas desenvolvemos actividades que potencian as súas capacidades creativas e coas que captamos o seu interese dun xeito divertido. É neste intre onde se dá a aprendizaxe. O facecmos a través dun método que vaciamos no traballo en equipo, o xogo como motor de aprendizaxe, traballo coas más, visión de deseño e proba-erro.

Os nosos principios

Cando falamos de infancia e transmisión de valores é esencial determinar qué principio éticos con os que debemos traballar. Estes son os nosos:

  • Promoción de hábitos saludables.
  • Innovación e emprendemento.
  • Fomento de vocacións.
  • Sustentabilidade ambiental.
  • Educación en igualdade.

A nosa misión

Captar os valores que desprenden as accións que poñemos en marcha, é a base para desenvolver contido de comunicación que fala da filosofía da marca e a fai visible con maior impacto.