Esencia

Por un mundo onde as nenas e nenos sexan o que queiran ser

“A ciencia demostrou que os nenos veñen ao mundo como unhas bombas de potencial. Poden aprendelo todo e converterse en todo aquilo que o ser humano poida aprender e converterse. Ao final do desenvolvemento, cando perdemos todo ese potencial, Sabes que queda? Un adulto. “ _ André Stern.

Cando sabemos isto, todo cambia. Cando somos conscientes do potencial que teñen os nenos e nenas. Cando comprobamos que teñen a capacidade de aprendelo todo, entón os nenos convértense en xigantes. Trátase dun cambio de paradigma, un cambio de actitude cara á infancia. E iso é o que nós facemos, miramos aos nenos sabendo que se converterán naquilo que queiran ser. E isto cambia o mundo.

Facemos

Deseñamos e executamos accións educativas que son espazos onde fomentamoscreatividade e innovación. A través do xogo, a curiosidade e as habilidades sociais, os nenos e nenas desenvolven e constrúen as súas propias ideas que solucionan un problema ou un reto. Para que constrúan os seus propios proxectos, podemos utilizar tres ferramentas: Tecnoloxía, audiovisual e arquitectura.

Método

Non cremos nos métodos. Os métodos son un concepto que inventaron os adultos para obrigar aos nenos a aprender dunha maneira determinada. Pero os nenos aprenden de maneira natural. Nós simplemente non lles poñemos barreiras á aprendizaxe.

Pero se temos uns principios sobre os que construímos calquera proxecto

  • Traballo en equipo
  • Creatividade e innovación
  • Empoderamento infantil
  • Proba e erro
  • Traballo coas mans
  • Xogo