Cabreiroá solicitounos o deseño e a execución dos talleres de reciclaxe para ofrecer no Pantin Classic a calquera neno que acudiese ao evento e quixese vivir unha experiencia creativa e divertida. Fomentar nos nenos a reciclaxe e a posibilidade de dar un novo uso a certos elementos cotiás foi o punto de partida.
A nosa proposta: talleres de reciclaxe. E ti, en que converterías a botella de auga Cabreiroá?
ODS 13: Acción polo clima
ODS 14: Vida submarina
Centramos os obradoiros na reutilización das botellas usadas de auga Cabreiroá.
Aproveitamos os diversos tamaños das botellas de agua para crear diferentes usos das mesmas. Nenos e nenas, a partir de 3 anos, puxeron toda a súa creatividade en marcha e crearon un uso alternativo ás botellas que ao finalizar levaron para a casa. O desenvolvemento dos obradoiros realizouse natureza e con vistas impresionantes á praia de Pantin.
Diseño dos obradoiros e a loxística.
Implementación dos obradoiros.
Anos de implementación: 2018
Número de días de implementación: 6
Número de nenos participantes: 360