"Oracle4girls" é unha iniciativa que parte dende Oracle, co obxectivo de inspirar ás nenas a estudar carreiras de ciencias e tecnoloxía. Esta iniciativa propón obradoiros tecnolóxicos dirixidos a nenas de 4 a 16 anos onde viven unha experiencia diferente, divertida, creativa e “techie” que desperta vocacións polas TIC entre as participantes. Esta iniciativa aterrizou na Coruña e Oracle nos propuxo desenvolver todas estas actividades para as nenas.
Deseñamos diferentes obradoiros tecnolóxicos para grupos de idades de entre 4 e 16 años. Obradoiros creativos, divertidos e que fomentasen a innovación a través da tecnoloxía.
ODS 5: Igualdade de xénero
Xogar con plastilina conductiva e aprender cómo viaxa la electricidade, programar e construir coches teledirixidos, crear prototipos de porterías electrónicas e desenvolver unha cidade sostible con semáforos electrónicos, foron os retos nos que traballaron as niñas durante os obradoiros que realizamos para "Oracle4girls". Non queriamos que as niñas fosen só consumidoras de tecnoloxía, senón que aprenderan a crear a través dela. Así foron conscientes da capacidade creativa que teñen e todo o que poden conseguir a través do estudo de carreiras de ciencias e tecnoloxía.
Deseño dos obradoiros tecnolóxicos específicos para "Oracle4girls" para nenas de 4 a 16 anos.
Organización da loxística e recursos necesarios para o evento.
Execución dos obradoiros tecnolóxicos e mentorización das participantes durante a experiencia.
Ano de implementación: 2019
Número de días de implementación: 1
Número de nenas participantes: 74