Vivimos nun momento no que as marcas teñen a oportunidade de impulsar e poñer en valor o seu impacto positivo. A transformación tecnolóxica, social e cultural que estamos experimentando está cambiando a nosa escala de valores, converténdonos en persoas máis críticas e impactando nas nosas decisións de compra. Os cidadáns, cada vez máis, esperan que as marcas asuman un papel activo en materias como coidado do medioambiente, educación, igualdade o loita contra a pobreza.
¿Que empresas teñen unha estratexia de RSC dirixida ao público infantil?, ¿Por que o fan? , ¿Que lles aporta como marca?. Dende Líbolis sempre tivemos un obxectivo claro: dar visibilidade ás marcas que desenvolven proxectos que educan e apostan polo futuro.
Creamos a campaña "Marcas que transforman". Un espazo onde as empresas falen dos proxectos que desenvolven, na area da RSC, para o público infantil e familiar. Para que poidan compartir a súa experiencia e resultados e así servir como inspiración para outras marcas.
ODS 17: Alianzas para acadar os obxectivos
Levamos a cabo a grabación de una serie de videos testimoniales cos responsables da RSC de esas marcas que transforman. Porque ¿Quen podería falar de infancia, valores e marcas?. ¡Tiñamos que facelo nós!. A tendencia a desenvolver estratexias de comunicación e RSC co público infantil e familiar por parte de las marcas é cada vez maior. Trátase dun ámbito de actuación descoñecido pero que pode ser moi potente se se alinea cos valores da marca.
Selección das organizacións e persoas adecuadas para participar
Reunións e coordinación dos participantes
Produción Audiovisual
Estratexia de difusión
Ano de implementación: 2021
Empresas que participan en Marcas que transforman: R, Vegalsa-Eroski, Disashop, Casa Grande de Xanceda, Viaqua, Emalcsa.
Proxecto en desenvolvemento: Se queres que a tu marca conte a súa experiencia, escríbenos a amazing@libolis.com