Laboratorio audiovisual con propuestas que mejoran el mundo
A Entorno sostible

Laboratorio audiovisual con propostas que melloran o mundo

reto

¿Como poderiamos reducir a utilización do plástico no noso día a día? ¿Como poderiamos facer para que se abandonen menos animais? ¿Como poderiamos diminuír o desperdicio da auga doméstica? , ... . ¿Por que non propoñer retos mundiais aos rapaces que van a cambiar o mundo?. Unha maneira creativa onde o Concello de Ribadeo da voz ás ideas dos rapaces.

estratexia

Desenvolvemento dun laboratorio audiovisual para rapaces de 12 a 17 anos. 

ODS

ODS 11: Cidades e comunidades sostibles 

ODS 12: Produción e consumo responsables

ODS 13: Acción polo clima

ODS 14: Vida submarina

 

desenvolvemento

O público xuvenil móvese no mundo audiovisual. Por iso partimos desa área de coñecemento para crear unha proposta educativa. Creamos unha proposta atractiva para un público esixente e que non se sinte atraído por propostas educativas comúns. Un Laboratorio onde os participantes por un lado, reflexionaran sobre problemas medioambientais actuais e por outro, aprenderan cómo é o proceso de creación dun Stop Motion. Para iso, por equipos, obtiveron unha solución aos retos que lles propuxemos e crearon un Stop Motion para explicala. Todo o proceso foi levado a cabo integramente polos participantes.

accións

Deseño e execución do Laboratorio audiovisual. 
Realización da proposta e memoria do proxecto.

alcance

Ano de implementación: 2019
Número de nenas e nenos participantes: 30
Ámbito xeográfico: Ribadeo