Dende la Concellería de Educación do Concello de Oleiros trasladaronnos a súa preocupación pola orientación laboral dos alumnos de secundaria, que están a piques de dedicir o seu futuro profesional. Necesitaban motivalos, pero o máis importante expoñer o amplo a abanico de opcións laborais ás que poden acceder.
Creamos o obradoiro-faladoiro Inspiradores. Levar aos centros educativos do concello distintos testimonios de mozos que lle contasen ao alumnado a súa experiencia (laboral e de vida) en primeira persoa.
ODS 4: Educación de Calidade
ODS 8: Traballo decente e crecemento económico
Durante 4 días achegamos testimonios de diversos perfís profesionais aos 4 centros educativos de secundaria do Concello de Oleiros. Participaron nos obradoiros 12 mozos (menores de 35 anos) que lles contaron aos alumnos as súas inquietudes cando tiñan a súa mesma idade, a súa formación académica e como foi a súa incorporación ao mercado laboral. Tamén lles falaron sobre as esixencias das empresas hoxe en días e das habilidades que deberían potenciar e desenvolver para que a súa inserción no mercado laboral lles resultase máis doada. Xerose un espazo para preguntas e coloquio máis informal onde os alumnos se sentiron cómodos para preguntar as súas dúbidas.
Xestión das datas cos centros educativos
Creación da dinámica do obradoiro
Selección de relatores de interése e apoio para as súas intervencións
Desenvolvemento do obradoiro
Memoria final de resultados
Ano de implementación: 2023
4 centros de secundaria do Concello de Oleiros
Máis de 290 alumnos participantes
12 relatores
15 docentes involucrados