Teñen as nenas e nenos estereotipos de xénero asociados ás profesións?
Deputación da Coruña Avance social

Teñen as nenas e nenos estereotipos de xénero asociados ás profesións?

reto

Teñen as nenas e nenos estereotipos de xénero asociados ás profesións?. Líbolis coa colaboración da Deputación da Coruña quixemos preguntar a nosa Infancia sobre este tema. 

idea

Realizamos unha peza audiovisual, producida por Moviola Audiovisuales, na que preguntamos a nenos e nenas de 4 a 7 anos sobre fotografías que mostraban espazos onde se desenvolven diferentes profesións. Os participantes imaxinaron como son fisicamente e como se chamarían as persoas que traballan neses lugares.

 

ODS

ODS 5: Igualdade de xénero

resultados 

As respostas dos participantes demostran que nenas e nenos teñen interiorizado de forma xeneralizada os estereotipos de xénero e os aplican de forma clara cando asignan atributos persoais ou roles profesionais.

Líbolis xunto coa Deputación da Coruña apostan pola necesidade de educar en igualdade  aos nosos nenos e nenas para romper os estereotipos de xénero, promovendo un entorno libre que permita a rapazas e rapaces dedicarse a aquilo que máis lles guste, independentemente do seu sexo.

realidade

Bombeiro, policía ou mecánico son profesións que seguen a ser asociadas aos homes; pola sua banda, unha enfermeira ou unha limpiadora sempre se vinculou co xénero feminino. Aínda que nos últimos anos houbo avances na eliminación dos estereotipos de xénero, o certo é que seguen existindo moitas ideas estereotipadas acerca da elección profesional.

As estadísticas amosan que en moitas carreiras e estudos tradicionalmente ocupados por homes ou mulleres vanse equiparando os perfís, de maneira que hai posicións que xa tenden a ser ocupadas indistintamente por ambos sexos; pero aínda hai moitas áreas que seguen a estar dominadas maioritariamente por mulleres ou homes.

reflexións

Educar en igualdade

“Os estereotipos de xénero consolídanse entre os 5 e os 7 anos. Para combatelos, eduquemos en igualdade.”
Con esta reflexión péchamos o vídeo levado a cabo no centro de inglés Kids&Us Arteixo. Educar en igualdade é a solución para combater os estereotipos de xénero que limitan o desenvolvemento infantil e condicionan as expectativas vocacionais de nenas e nenos.
Os escasos referentes que rompan con certos estereotipos, a reproducción dos roles tradicionais nos medios de comunicación, a desigualdade da atención e o uso do espacio nos centros educativos, etc. son algunhas das causas de que nenos e nenas pensen que deben aspirar a distintos tipos de profesións no mundo adulto.

Colaboración

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Enlaces

Enlace ao vídeo

Enlace Facebook Cultura da Deputación da Coruña

La Voz de Galicia

Quincemil 

La Opinión de A Coruña

La Voz de Galicia

Intercoruña 

Lo que no se cuenta no existe