Coawa, la comunidad del agua: creación de marca de divulgación e sensibilización
Emalcsa Entorno sostible

Coawa, la comunidad del agua: creación de marca de divulgación e sensibilización

reto


Continuando co traballo que dende Emalcsa estaban a facer nos centros educativos como apoio á formación de nenos e mozos, nos trasladaron a necesidade de facer crecer este proxecto de divulgación e ampliar o seu alcance.

estratexia


Creamos unha identidade propia para que dende Emalcsa puidesen xestionar todas as accións de formación e divulgación. E así nace Coawa: la comunidad del agua, co fin de achegar á sociedade a importancia do mundo da auga dende unha visión integrada co medio ambiente e as persoas.

ODS


ODS 4: Educación de calidade

ODS 6: Auga limpa e saneamento

ODS 11: Cidades e comunidades sostibles

ODS 12: Produción e consumo responsables

ODS 13: Acción polo clima

ODS 14: Vida submarina

ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres

ODS 17: Alianzas para acadar obxectivos

 
desenvolvemento 


Comezamos definindo o concepto, o nome ,a imaxe, os principios e os obxectivos, e continuamos determinando a que público nos iamos dirixir e que tipo de accións e contidos queriamos incorporar, en definitiva, cal ía ser o noso ámbito de actuación. Redeseñamos os programas xa existentes adaptándoos á nova imaxe, contidos e modo de implementación, adecuándoos para captar o interese dos máis pequenos e potenciar a súa aprendizaxe. Tamén sacamos adiante novas iniciativas que xa naceron baixo o nome de Coawa e que tiveron grande impacto social. A experiencia previa de Libolis no sector educativo foi fundamental para levar a cabo, con garantías, o traslado de valores que dende Emalcsa pretendían acadar.

accións

Creación da marca ( identidade corporativa, identidade web, identidade visual, merchandising…)

Redeseño de proxectos existentes

Creación de proxectos novos

Implementación e desenvolvemento de todas as accións

Xerción de contidos de comunicación (eventos, videos, campañas concretas…)

alcance

Ano de implementación: 2023

Ámbito xeográfico: Coruña e a súa área metropolitana

3450 alumnos e alumnas participantes

115 aulas participantes nos programas (de centros educativos dende infantil ata bachillerato/ciclos formativos)

150 familias participantes na campaña “Soy lo que bebo”