A auga nos une: un evento inspirador para á Fundación Repsol e Coawa
Fundación Repsol e Coawa Evento inspirador

A auga nos une: un evento inspirador para á Fundación Repsol e Coawa

servizo


Consultoría con propósito + Evento inspirador

reto


Para o noso cliente Coawa era importante que a Fundación Repsol se unise a súa "comunidade da auga" e que puidera conocer a importancia de coidar o noso entorno natural cercano e a nosa auga.

estratexia


Creamos unha jornada de voluntariado ambiental con distintas actividades de valor, dirixidas aos empregados da planta de Repsol en A Coruña e as súas familias.

ods


ODS 3-ODS 6- ODS 8- ODS11 - ODS 13 - ODS 15- ODS 17

desenvolvemento


A incorporación das principais empresas comprometidas de A Coruña e a área metropolitana ao proxecto "Coawa, la comunidad del agua" é un dos principios fundacionais de Coawa: construir alianzas para mellorar a nosa relación coa auga. 

Por iso pensamos na Fundación Repsol para sumarse a este propósito tan importante como é o coidado da auga e do entorno. Creimos que a este tipo de alianzas, imprescindibles para que a comunidade Coawa poida seguir medrando y desenvolvendo a súa actividad de divulgación, debiamos xerar un mesmo lema e por iso creamos "El agua nos une", que despois implementariamos no merchandising e nas comunicacións.

Unha xornada de divulgación, con distintas actividades de valor, no entorno do embalse de Cecebre pareceunos unha acción perfecta para cumplir con outro dos principios de Coawa: conectar ás persoas con medio natural. Deseñamos unha xornada que comezou cos participantes, de distintas idades, participando nunha ruta interpretativa polo entorno do embalse. A súa chegada, o primeiro co que se atoparon foi unha botella de auga "do grifo" con lema "A agua nos une".

Unha vez situados, dividimos á totalidade do grupo (unhas 50 persoas) en 4 grupos máis pequenos coa fin de que desfrutaran dunha experiencia máis personalizada e de ser coherentes co proxecto e preservar este entorno de alto valor. Realizaron, a súa chegada, un mapa de situación e continuaron a ruta seguindo unha guía de campo onde aparecían debuxadas todas as especies de flora y fauna que podían atopar ao seu paso. Esta dinámica xenerou expectación, sobre todo entre os máis pequenos, e conseguiu que estiveran moi atentos todo o camiño e que desfrutaran dunha actividade única.

Tendo en consideración o público ao que nos dirixiamos e sabendo que a enxeñería podería ser un dos puntos de interese para os máis maiores, incorporamos unha segunda actividade única y en primicia para eles: poder acceder ao interior dos túneles da presa e coñecer da mán do director de I+D+i de Emalcsa o seu funcionamento. En paralelo a esta actividade realizamos una visita tamén ao paso de nutrias, un tunel deseñado para protexer o paso deste animal e asegurar a supervivencia desta especie. 

Para rematar a xornada organizamos un picnic saúdable en familia e fixemos unha foto final de familia "Coawa&Fundación Repsol". Ademáis toda a xornada estivo acompañada de fotos e video, recollendo os momentos máis importantes.

accións


1- Creación da estratexia: Plantexamos unha reunión entre Coawa e Fundación Repsol para establecer o inicio da súa colaboración, aportándolles a idea de realizar unha xornada de voluntariado ambiental diferente e con algunhas actividades en primicia para eles.

2- Desenvolvemento e seguimento da xornada: O equipo Líbolis organizou a xornada na súa totalidade e fixo o acompañamento e seguimento da mesma: xestión dos participantes, búsqueda das distintas actividades, plantexamento do timing, catering...

3- Comunicación: Xeramos os contidos de comunicación da xornada (fotos e vídeo)

alcance


Ano de implementación: 2024-Ámbito xeográfico-entorno do embalse Cecebre (Abegondo)-Participantes: + de 50 persoas de todas as idades.

menciones


Cátedra Emalcsa-UDC